#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes

De momento non baixa o nivel de emoción nos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 💓 Hoxe vivimos un capítulo moi emotivo para min, adicado á marabillosa pegada que a inmigración deixou e deixa na nosa cidade. Foi emotivo por moitas razóns, pero a primeira delas porque lle demos protagonismo á miña maior fonte de inspiración á hora de mirar a Lugo… o meu inmigrante pai (aínda que fillo de galegos, de Baleira e Ribadeo) Manuel Alvarez Prieto 🇦🇷

Ademais de a el, un agradecemento moi especial ós queridos amigos Cristopher Chaldú 🇦🇷 Margaret Reilly 🇮🇪 Maricel Arteaga 🇧🇴 Romina Beiroa Rey 🇺🇾 Karina Sánchez García 🇻🇪 Ana Maria Bereciartua 🇦🇷 Osmari Ramírez 🇻🇪 Abby Vaughn 🇺🇸 e Gerardo Guarino Onorato 🇻🇪 polos seus aportes e testemuñas persoais, á Asociación Rioplatenses de Lugo e Venezolanos en Lugo (VENELUGO) polo seu apoio, e a A COVA Food and Drinks por un gran recibimento na súa casa!

Unha experiencia incrible de intercambio que reafirma a miña idea de que Lugo, coma calquer lugar do planeta, non sería nin será nada sen os inmigrantes! O intercambio cultural é unha das cousas máis marabillosas que existen… quérovos, amigos! Grazas por seguir acompañándonos ❤️ #GrazasInmigrantes