Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir

Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles e a todos os artistas de rúa que embelecen a nosa cidade! Verdadeiro patrimonio humano lucense… Grazas tamén CEIP Paradai por ensinarnos un colexio verdadeiramente máxico e a Sabela Uriz Corral (o meu todo) por esta incrible reportaxe fotográfica! Estes días compartiremos máis recordos dun día memorable ❤️🧡💛💚💙💜🖤 Grazas a todos por vir!