Cantas cidades galegas teñen tours adicados á arte urbana? Este sábado, cita en Lugo

Tras un gran éxito de afluencia nos tres primeiros capítulos d´ #OLugoMenosCoñecido, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego

Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste cuarto capítulo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos

Advertisements