Unha mensaxe para todos os amigos!

Os que me coñecedes ben xa sabedes como son: unha persoa moi preocupada sempre polos sentimentos e polos detalles.

Levo toda a miña vida respondendo a todas e cada unha das mensaxes que recibo en público e en privado polas redes sociais, por SMS, whatsapp, telegram, e-mail…

Non me gusta nada que sexa así, pero dende que me fixen autónomo no mes de agosto, e sobre todo dende o mes de setembro, estoume vendo desbordado pola cantidade de mensaxes QUE AGRADEZO ENORMEMENTE E DE CORAZÓN 

A primeira vez que comecei a non poder dar resposta a todas as mensaxes foi o día do meu cumpreanos, o 16 de setembro. Dende entón teño un montón acumulado e non sei que facer.

Creo que a decisión que vou tomar é darlle prioridade sempre ós e-mails e mensaxes de traballo, por suposto ás mensaxes importantes de todo tipo, e, por suposto, ó contacto real… que foi, é, e será sempre para min o máis importante. Onde esté un café que se quite o whatsapp 

Non teño palabras para agradecer tanto cariño, tanta amizade e tantas boas persoas ó meu carón… ás veces non dou crédito a todo o que me está a pasar! MOITAS GRAZAS AMIGOS

GUIDO

Advertisements