#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro

Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂

Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, Parque Marcos Cela, Volta da Viña, A Ponte, Parque do Miño, Pontegaos, San Lázaro, O Carme, Recatelo…

Moitísimas grazas a todos pola vosa compañía, ó meu bo amigo Alberto Fernández Prieto polas súas explicacións sobre a civilización romana, a Mónica Folgueira Cobas por exercer con excelencia de fotógrafa oficial… e coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo apoio incondicional! Forza Lugo e imos a polo seguinte! Sábado 5 de outubro ás 11h00 co III Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Berce de San Froilán) ❤️

Advertisements