Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán

Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos un pasiño máis.

Agora, dende o proxecto Guido Guía, lanzamos este pequeno paseo por unha causa, por suposto de balde, para reivindicar, nun momento tan bo coma os albores das nosas festas de San Froilán, esa fermosa idea de querer converter, entre todos, á nosa cidade en Patrimonio Mundial. Úneste? 🙂 Xoves 3 de outubro ás 20h na entrada do Parque Rosalía, e non te esquezas de utilizar o hashtag nas túas publicacións! ❤️

Advertisements