#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 15 de setembro do 2019

Prazas esgotadas en 24 horas e unha gran repercusión nas redes no arranque dunha iniciativa turística de Guido Guía.

Hai menos dun mes que o guía Guido Álvarez Parga lanzou o seu primeiro proxecto turístico independente, e de momento estase a converter nunha verdadeira revolución turística en Lugo.

Este sábado, ás 11h00, comezou xunto coa  Asociación na defensa do Patrimonio Cultural Galego, que preside Carlos Coto, uns novidosos paseos guiados que levan por título “O Lugo Menos Coñecido”.

Neste primeiro paseo as 60 prazas ofertadas (a un coste de 6 € por persoa) cubríronse en menos de 24 horas dende o seu lanzamento o pasado 28 de agosto. Os dous seguintes paseos, o 28 de setembro e o 5 de outubro, van camiño de repetir na brevidade o “sold out”.

O numeroso grupo chamou a atención nas rúas de Lugo ata o punto de que algunhas persoas que sabían da iniciativa animáronse a fotografiar ou gravar á que o xornalista Chema Losada bautizou como “serpe multicor”.

As Costas do Parque Rosalía, o barrio do Carme, A Tinería, Rúa Nova, Casas Baratas, Abella, A Milagrosa ou o Parque de Paradai foron algúns dos lugares visitados por este gran grupo no que as procedencias foron variadas: dende varios grupos das Rías Baixas ata venezolanos, arxentinos, bolivianos, uruguaios ou colombianos.

Outro dos grandes triunfos da iniciativa, segundo a valoracións dalgúns participantes, foi o feito de contar Guido con varios colaboradores que dinamizaron as explicacións en varios puntos do paseo: José Pérez Vázquez (ambientólogo de Sogos Consulting) ou Santi Iglesias (secretario da Confraría do Carme).

Van en camiño os dous seguintes capítulos, con moi poucas prazas dispoñibles, adicados ó solpor lucense (o 28 de outubro) e ó patrón da cidade no seu día (5 de outubro, San Froilán). Tamén se anunciou (a falta de concretar a data) un vindeiro capítulo adicado á arte urbana na cidade.

Agardade á nova aventura de Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido?