O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán

Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (O berce de San Froilán)!

Se queres inscribirte ou informarte podes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste segundo capítulo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos

Advertisements