Dende hoxe xa é posible concertar visitas particulares con Guido Guía

As persoas que me seguides xa sabedes que nestes últimos días lancei nas redes a miña marca persoal como guía turístico e o meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía.

Despois de quince anos no mundo do turismo e catro como Guía Oficial de Galicia traballando para distintas axencias e empresas do sector, din este importante paso no meu percorrido vital e profesional.

Hoxe martes 27 de agosto é o meu primeiro día como guía oficial autónomo (con seguro de responsabilidade civil, protección de datos implantada, e todos os detalles), e polo tanto xa podo ofrecer os meus servizos sen necesidade de intermediarios.

Todos os interesados podedes contactarme, de momento, no meu enderezo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com ou ben a través das redes sociais! Máis adiante compartirei un teléfono (o meu persoal ou un novo para a actividade) pero de momento estou recibindo tantas propostas que prefiro agardar a que pase este boom inicial. Non quero dar un mal servizo de atención telefónica.

Escribídeme cas vosas peticións/consultas e incluso podedes darme un número para chamarvos eu! Moitísimas grazas a todos polo voso caloroso apoio neste momento importante!

Advertisements