Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas

Este mércores 21 de agosto os amigos da Fundación TIC fixéronme unha reportaxe marabillosa, que xa coloco entre as mellores da miña vida ou probablemente incluso a máis especial de todas. Por qué? Porque é a primeira gran reportaxe do meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía!

Pasamos esa mañá percorrendo partes do casco histórico de Lugo, conversando e rexistrando recordos que para min serán inesquecibles. Aquí volo deixo para que o vexades vós mesmos! Grazas a todos polo apoio!

 

Advertisements