Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo

Hoxe, xunto coa Federación de Peñas do CD Lugo, fixemos unha experiencia piloto do que pode ser un gran proxecto turístico para a cidade de Lugo e tamén para outras localidades interesadas en experimentalo: visitas guiadas á cidade para as afeccións visitantes que veñan ver ós seus equipos contra as escuadras lucenses: C.D. Lugo, Breogán, Ensino, Emevé…

A proposta do presidente da Federación, Román Sánchez Besteiro, e dende a miña nova iniciativa turística Guido Guía, hoxe fixemos unha visita guiada para a afección do Extremadura U.D. e para a súa Federación de Peñas Extremadura U.D…. un gran éxito!

Máis de 30 persoas que desfrutaron dun rato agradable visitando e descubrindo recunchos e belezas da nosa cidade… Por que non repetilo? Por que non extendelo ás afeccións que veñan ver os seus equipos cando xoguen contra Breogán, Ensino ou Emevé? Aí queda a idea para quen queira apoiala 🙂

 

 

Advertisements