A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo 

O proxecto planea visitas guiadas para os hinchas que se despracen co seu equipo

Os afeccionados do Extremadura UD foron os primeiros en gozar dunha visita guiada por Lugo grazas a unha “experiencia piloto” que pretende mostrarlle ós hinchas dos clubs que viaxen ao Anxo Carro os mellores segredos da capital lucense.

O proxecto é desenvolvido polo lucense Guido Álvarez e a Federación de Peñas do CD Lugo.

O propio Guido destacou as “risas e bos momentos” vividos durante esta primeira experiencia, e tivo palabras de agradecemento para a federación de peñas do club extremeño e a súa “marabillosa afección”.