Entrevista persoal no programa IntraLucus da Escola de Imaxe e Son

O pasado mes de maio recibín unha chamada do meu bo amigo cubano 🇨🇺 Marcelo Taboada, estudante da Escola de Imaxe e Son da Fundación Tic – Servizo de Audiovisuais. Nela propoñía facerme unha entrevista para o progama #IntraLucus… este é o resultado! 11 minutos e medio falando no querido Museo Provincial de Lugo sobre as miñas experiencias no mundo do Turismo, as miñas colaboracións en prensa, a campaña#LugoPatrimonioMundial, o meu presente na #LugOpenFactory ou a miña participación como embaixador do proxecto europeo AYCH. Moitas grazas a todo o equipo por este recordo!! ❤️