Comeza en Lugo a incubación de proxectos do programa europeo AYCH

Onte luns comezou na Lug Open Factory o proceso de incubación de proxectos do programa europeo AYCH en Galicia. Un interesante equipo de mozas e mozos con ideas innovadoras a desenvolver nos vindeiros meses dende a sede lucense desta rede atlántica de incubadoras e “factorías” de ideas.

Lucenses, vigueses, venezolanos, colombianos, franceses, mexicanos e turcos son por agora os participantes do proxecto na Lug Open Factory, na que o inglés, o galego e o castelán son os pricipais -pero non únicos- idiomas de traballo.

Onte demos o pistoletazo de saída cunha sesión de Design Thinking e tamén co AYCH Quest, un xogo de incubación deseñado para imaxinar o camiño de incubación que seguiremos nos vindeiros meses.

Fernando, Patricia, Karla, Elvis, Noelia, Miguel, Luc, Juan Estevan, Barış, Selahattin, Danae… un equipo para facer historia! 🙂

 

Advertisements