Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos

Hai 20 días comecei a campaña do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio da Humanidade, ampliando así o recoñecemento que a UNESCO lle deu no 2000 e no 2015 á Muralla Romana, á Catedral de Santa María e ó Camiño Primitivo.

Un dos principais obxectivos desta iniciativa virtual é o involucrar a toda a sociedade lucense, e a todo o mundo en xeral, a visibilizar e poñer en valor o patrimonio da cidade.

Por iso, agora, a miña proposta é a seguinte: chiade, publicade, compartide (en twitter, en facebook, en instagram, en todos lados…) aqueles lugares que consideredes deben ser incluidos na candidatura de Lugo. Comecemos así… que lugares non poderían faltar nesa potencial declaración de Lugo como cidade Patrimonio da Humanidade? Comezo eu: o Parque Rosalía, o Regueiro das Hortas, a Domus do Mitreo, a arquitectura de Eloy Maquieira… agora é o voso turno 🙂

Advertisements