Cinco anos e 5000 seguidores en Twitter… grazas a todos!

Hai xusto 5 anos rexistrábame en twitter e tamén hai xusto uns días superei a barreira dos 5000 seguidores. Todo un lustro cheo de aventuras e experiencias nesta formidable rede social, que é sen dúbida a que máis me aportou a nivel profesional: grazas a ela coñecín (virtual e persoalmente) a moitísima xente interesante, puiden promover e dinamizar moitas iniciativas, e puiden visibilizar mellor que en ningures o meu traballo.

Un agradecemento a toda esa xente de tan diversos puntos… non deixo de quedar abraiado da cantidade de localizacións! América, Europa, África, Asia, Oceanía…

Por suposto grazas ós seguidores galegos, a meirande parte… 1810!

E un último agradecemento especial á xente da miña cidade, Lugo… grazas a eses 566!

Advertisements