“Hai que inxectar autoestima e concienciar do valor patrimonial de Lugo”

Entrevista no Lugo Xornal publicada o 19 de febreiro do 2019

Guido Álvarez Parga, un dos escasos profesionais habilitados como Guía Oficial de Galicia, pilota a campaña #LugoPatrimonioMundial

Por Óscar Bernárdez

Por mor do Día Internacional do Guía Turístico, a celebrar o 21 de febreiro, Guido Álvarez Parga, lanza unha ollada ao sector dende a perspectiva de Lugo e o Camiño Primitivo. Douto en paisaxes culturais e sabedor da importancia dos circuítos internacionais, este Guía Oficial de Galicia é o responsable da campaña en redes sociais #LugoPatrimonioMundial, coa que convoca a toda a sociedade lucense a tomar conciencia do valor patrimonial da cidade.