Contratado para o proxecto turístico “Experiencias del Destino”

Hoxe comezo en Lugo unha nova experiencia laboral: ilusionado cos novos retos profesionais, contento co meu novo lugar e contorna de traballo, e moi agradecido pola oportunidade e aposta en min. “Experiencias del Destino” é un ambicioso proxecto turístico lucense, de ámbito estatal, e que vai camiño de internacionalizarse.

Contrátanme para o posto de product manager (coordinador de produto), cunhas tarefas e funcións que me motivan e agradan moitísimo. Agardo dar a talla e convídovos a todos a ir descubrindo polas redes “Experiencias del Destino” !

Páxina web: http://www.experienciasdeldestino.com 

Facebook: Experiencias del Destino

Twitter: @ExperienciasEdD

Instagram: @experienciasdeldestino

Youtube: Experiencias del Destino