O espazo radiofónico “De viaxe con Guido” continuará emitíndose durante todo o 2018

Dous meses despois da estrea, hoxe confirmamos a continuidade do espazo radiofónico “De viaxe con Guido” polo menos ata finais deste ano 2018. Todos os venres ás 13h30 seguiremos recomendando viaxes a nivel galego e internacional para os oíntes de Onda Cero Lugo, no programa matinal de Lourdes Abuide.

Moi agradecido a ela e a todo o equipo da emisora por esta oportunidade, e a todos os seguidores do programa pola súa fidelidade. Seguiremos traballando para mellorar, así que estaría encantado de recibir as vosas suxerencias a través do correo electrónico ou a través das redes sociais… Unha aperta e seguimos!

Advertisements