Lugares na memoria: 23 de maio de 1999

Novena colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán

Normalmente no #LugoBreoEViceversa falo de lugares xeográficaos… desta vez tamén o farei, pero todos eles xirarán en torno a unha data, en torno a un lugar de memoria que todos os breoganistas temos gravado a lume: o 23 de maio de 1999.

Nestes días nos que soñar é obrigatorio, creo que todos aqueles ós que a mamoria nos alcanza para lembrar aquelas datas, estamos viaxando varias veces por día a aquela marabillosa primavera.

Naqueles tempos tiña eu 13 anos, e cos amigos fundáramos esa tempada unha peña que duraría exactamente o que tardamos en ascender á ACB: chamábamonos Breogüettos e a nosa ubicación no pavillón era xustamente a mesma na que me estou sentando este ano… o fondo Campus.

Lembro perfectamente aquel día, aqueles nervios, aquela explosión de ledicia, aqueles festexos no parquet con Kenny Green, a subida á Fonte do Rei con parada previa na fonte de Augas Férreas… Un percorrido que levamos moitos anos soñando repetir.

Nunca fun dos que lle deu excesiva importancia ó ascenso, porque a nosa grandeza va máis alá da categoría na que compitamos… pero… ¡qué grande sería repetilo” Sexa o que sexa desfrutemos destes días… e nunca deixemos de soñar.