Sete días viaxando de Lugo á Bretaña: unha aventura inesquecible

No blog de Galicia Infinita

Era unha das viaxes máis agardadas dos últimos 12 meses. Unha proposta para que os galegos e residentes en Galicia tivesen a oportunidade de descubrir as irmás terras bretoas. 

Marchamos o pasado 26 de marzo e nunha semana visitamos unha morea de lugares: Castro Urdiales, San Sebastián, Saint Jean d´Angély, Nantes, Rennes, Mont Saint-Michel, Dol de Bretagne, Dinan, Saint-Malo, Quimper, Concarneau, Carnac, La Rochelle, Bilbao, Cudillero…

O primeiro día comemos no municipio cántabro de Castro Urdiales de camiño á nosa primeira parada: San Sebastián – Donostia, onde tivemos a oportunidade de descubrir a cidade cos compañeiros de Go Local San Sebastián. O seu guía Hegoi foi o noso líder…

O segundo día (no que comemos na pintoresca localidade de Saint-Jean d´Angély) foi a ocasión de descubrir Nantes, a cidade de Jules Verne. Alí guiounos Julie, de Le Voyage à Nantes

Despois de pasar a noite no Château de La Plinguetière (fermoso), o mércores tomamos rumbo á capital da Bretaña: Rennes! Degustamos a famosa galette saucisse e paseamos pola cidade da man de Silvia, unha ourensá residente en Dinan.

Cuarto día: Mont Saint-Michel, Dol de Bretagne, Dinan e Saint-Malo! Fermoso paseo polo departamento de Côtes-d’Armor con visita incluida a esa cidade tan querida para Lugo.

O quinto día adicámosllo ó Finistère: Quimper e Concarneau foron os nosos destinos! E á volta paradiña nos aliñamentos de Carnac…

O sábado comezamos o noso regreso cara terras galegas con noite en Bayonne e paradas turísticas en La Rochelle e Biarritz. Qué marabilla de solpor no Pays Basque!

O domingo foi tempo de Bilbao, que visitamos cun guía de primeira: Unai Manzanos, de Bilbao Paso a Paso. Percorremos a contorna da cidade cunha visita panorámica, paseamos polo casco vello e desfrutamos duns bos pintxos para despedirnos dunha viaxe marabillosa. Última parada en Cudillero e… à la prochaine!