A pegada racionalista de Eloy Maquieira

Sétima colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán

Ás veces relacionamos tanto a Lugo coa historia antiga, que esquecemos valorar a nosa historia máis recente… ¿Cánto sabemos sobre os renovadores da cidade nos últimos 100 anos? Seguramente moito menos do que debéramos. Iso si, seguro que todos nos temos fixado nos variopintos e senlleiros edificios das nosas rúas. ¿Dinvos algo esa serie de edificios de fachadas planas e esquinas curvadas? ¿Sóavos un tal Eloy Maquieira?

Falamos moito de arquitectos racionalistas internacionais como Le Corbusier ou Aldo Rossi… pero non tanto como correspondería de referentes locais como o foi para Lugo este arquitecto municipal dos anos 20, 30 e 40 do pasado século. Un pontevedrés-lucense que revolucionou o estilo construtivo da urbe bimilenaria.

O instituto Xoán Montes, o Mercado Municipal, edificios e vivendas comerciais da Praza Maior, os sanatorios García Portela e Pimentel, as “Casas Baratas”, o Parque Rosalía… ¿que vos parece? Nada menos que algúns dos lugares máis fermosos de Lugo…

Fagamos memoria, lembremos ós que escribiron e cambiaron a nosa historia.

 

Advertisements