¿Paseaches algunha vez polas nubes lucenses?

Quinta colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán

Hai uns anos case ninguén o probara… pero hoxe en día, en calquera lista do tipo “10 cousas que debes facer en Lugo” atopariamos xa unha das experiencias turísticas máis marabillosas e atractivas de Galicia: un paseo polas nubes lucenses, un paseo polos bimilenarios ceos da vella Lucus Augusti.

Non hai moito tempo que o Museo Diocesano lanzou esta iniciativa para dar a coñecer os tellados e torres da catedral… e de poder desfrutar das mellores vistas de toda a cidade.

O pasado 21 de decembro fomos un gran grupo de 50 persoas procedentes dun montón de países… e a sensación foi unánime: a de estar gozando dun dos solpores máis fermosos que viran antes os nosos ollos.

Se tedes unha visita, se queredes sacarlle un sorriso a alguén a quén queirades moito, se queredes presumir de Lugo… non o dubidedes: dade un paseo polas nubes lucenses. De martes a sábado, ás 12h00 e ás 17h00… mellor chamando e concertando a visita, xa que só se fan a partir dun número mínimo de cinco participantes. Chamade ó 982231038… non vos arrepentiredes!

Advertisements