Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: vendo a neve por primeira vez!

A semana pasada o noso querido Luís Vega, youtuber e estudante de intercambio no Campus Terra USC (Lugo), regalounos unha nova video-reportaxe para o recordo.

O sábado 16 quedará xa para sempre nas retinas de Luís, e tamén nas doutros compañeiros seus, como o primeiro día da súa vida no que viron a neve. Foi nada menos que no Cebreiro, na nosa excursión por Os Ancares e Samos 🙂 Inesquecible!!!!

Gozade do vídeo e non dubidedes en subscribirvos á súa canle!

Advertisements