Guiando por Lugo ós estudantes do Varendonck College (Holanda)

No blog de Galicia Infinita

Esta mañá acompañei pola cidade bimilenaria a un grupo de estudantes holandeses que estes días realizan un intercambio co colexio “La Merced” de Sarria.

Procedentes de Someren (ó sur dos Países Baixos), levan dende o pasado luns descubrindo Galicia (en especial a provincia de Lugo) cos seus compañeiros de 4º da E.S.O. do xa mencionado colexio sarriano.

Hoxe fixémoslles unha introdución á historia de Lugo na praza Pío XII, fixémoslles percorrer gran parte do perímetro da Muralla Romana (polo adarve e tamén polo paseo exterior), mostrámoslles o vello barrio da Tinería, e tamén outros puntos imprescindibles do centro histórico da cidade: Rúa Nova, xardíns da Deputación Provincial, rúa de San Pedro, Campo Castelo, A Mosqueira, Praza Maior, Praza de Santa María, Catedral…

Despois do percorrido tiveron ocasión de presenciar a inauguración do mercado medieval! A sorte de visitar Lugo durante as festas patronales do San Froilán!

Advertisements