Segunda gran cita do street basket galego

En Galicia Confidencial

Xa falta só un mes para a segunda edición do gran 4×4 Pista Roja Lugo. Moita expectación!

Máis de tres décadas tardou a mítica pista galega en organizar o seu primeiro torneo oficial. Despois de moitos anos de conversas sobre o tema, o pasado 2016 a asociación da Pista Roja Lugo decidiuse a organizar o seu primeiro campionato oficial. Non houbo sorpresas, o éxito foi maiúsculo: os asistentes vibraron cun gran nivel de baloncesto (xogadores que este ano tiveron un gran rendemento nas ligas LEB e na EBA) e desfrutaron dun grandísimo espectáculo coroado polo espectacular concurso de mates.

Este segundo ano as expectativas son se cabe maiores: os recordos, vídeos e fotos do ano pasado fan que moita xente estea facendo a conta atrás para o 17 e 18 de xuño.

Tyson Pérez, campión do concurso de mates no 2016 (Foto: Rodrigo Díaz López)

Tyson Pérez, campión do concurso de mates no 2016 (Foto: Rodrigo Díaz López)

O prazo de inscrición xa está aberto e de novo serán 20 equipos os que loiten por un título máis prestixioso que económico: fiel á filosofía de altruismo e amateurismo da pista vermella.

Aitor Vázquez e o seu gran show no concurso de mates 2016 (Foto: Sergio Real)

Aitor Vázquez e o seu gran show no concurso de mates 2016 (Foto: Sergio Real)

Convite aberto para a terceira finde do mes de xuño! Reservade as datas nas vosas axendas e neste tempo aproveitade para botar un ollo ós espectaculares materiais audiovisuais do ano pasado… atoparédelos sobre todo no facebook da Pista Roja Lugo e na canle de youtube PISTAROJA LUGO.

Aquí tedes o cartaz do II Torneo 4×4 Pista Roja Lugo!

Advertisements