Galicia Confidencial consolídase como o primeiro diario electrónico en galego

Hoxe 27 de outubro publicouse esta noticia, que me produce moita alegría. Sempre agradecido a Galicia Confidencial por terme aberto as portas a colaborar no diario dende o pasado 2013. Longa vida!

Galicia Confidencial

Ligazón ó artigo: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/39417-galicia-confidencial-consolidase-primeiro-diario-electronico-galego

Galicia Confidencial (GC) bateu recentemente as súas marcas de audiencia. Este diario alcanzou nestes meses intres de máis de 100.000 páxinas a semana, unhas 15-000 ao día.

Esta suba de audiencia permitiu a galiciaconfidencial.com superar a barreira do top 100.000 entre todas a páxinas do mundo, de acordo ao ranking de Alexa, a principal métrica en aberto de tráfico da Internet. Segundo a clasificación que realiza a revista electrónica Código Cero cos datos de Alexa, GC é, con bastante diferencia, o xornal dixital en galego máis lido.

No conxunto de webs de medios de comunicación escritos orixinalmente na nosa lingua, só a CRTVG recibe máis visitas que GC. De feito, GC ten máis tráfico que varias das edicións electrónicas de diarios en papel editados en castelán no país.

GC continúa a ser o principal referente na información política galega en Internet, grazas aos 14 anos de traxectoria ininterrompida marcada por unha liña editorial crítica pero independente de calquera partido.

A incorporación dunha sección de noticias de última hora é outra das causas de que GC estea a bater a súa marca. Estes novos contidos son posibles grazas a aumento da publicidade que acompaña a suba da audiencia e a axuda dos lectores a través do GCplus. O equipo de GC dá as gracias a lectores -con máis de 33.000 seguidores nas redes sociais- e anunciantes que permiten o paulatino crecemento deste medio.

Código Cero

Advertisements