O Festival de Lorient e a gran ruta céltica

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias

Vivindo por primeira vez, e dende dentro, o festival intercéltico máis grande do mundo (case un millón de visitantes cada ano). Colaborar no FIL é unha experiencia altamente recomendable e unha maneira especial de achegarse ás terras irmás da Bretaña.

Concerto de Alan Stivell no Festival de Lorient 2016

Concerto de Alan Stivell no Festival de Lorient 2016

Hai uns meses unha amiga de Lorient comezou a animarme a “debutar” no Festival Intercéltico de Lorient, e a facelo dende dentro. A proposta: colaborar e descubrir así as profundidades dun enorme evento que achégase xa ó seu primeiro medio século de historia.  Decidinme case a última hora e non puiden ter feito algo mellor.

Eu que son fanático do Festival de Ortigueira sempre sentín a chamada de Lorient. Máis aínda dende que a vida foime achegando por diversos motivos á Bretaña. Moitos amigos bretóns do mundo Erasmus, cinco meses de prácticas en Nantes, o proxecto da Galice Celtique de Carlos Núñez e Mundo Galaico…  semella que o camiño estaba medio marcado para xuntarnos algunha vez.

Repartindo folletos de Lugo e provincia no pavillón galego do FIL 2016

Repartindo folletos de Lugo e provincia no pavillón galego do FIL 2016

Formei parte dun dos equipos de voluntarios e a parte, puiden repartir folletos turísticos do Concello e da Deputación de Lugo no pavillón de Galicia. Fóra do tempo de traballo, desfrute e descubrimento. Buceo entre milleiros de persoas procedentes de todos os recunchos celtas (Irlanda, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man, Asturias, Galicia, Bretaña…) e moitísimos australianos: a edición 2016 adicouse a este país oceánico, considerado como unha das maiores diásporas celtas.

Village Celte, Festival de Lorient 2016

Village Celte, Festival de Lorient 2016

Chamoume a atención o profesionalizado que está o festival. Eventos, actividades, pequenos concertos, tendas de todo tipo, grandes postos de restauración e infraestruturas variadas para acoller a visitantes, artistas, colaboradores e participantes de todo tipo.

En canto ós concertos, puiden desfrutar de moitos oficiais e espontáneos durante o día, pero foi nas noites do 6 e do 7 de agosto cando asistín a dous dos platos fortísimos deste FIL 2016: Joan Baez e Alan Stivell.

Concerto de Joan Baez no Festival Interceltique de Lorient

Concerto de Joan Baez no Festival Interceltique de Lorient

“Unha deusa no FIL” foi o titular do diario Le Figaro, e certamente un sentiuse privilexiado de asistir en directo, e nada menos que en Lorient, a un concerto da tamén chamada “reina do folk”. Foi un recital con acento político no que soaron clásicos como “Blowing in the wind”(Bob Dylan), “Gracias a la vida” (Violeta Parra), “Imagine” (John Lennon), “Chanson pour l’Auvergnat” (Georges Brassens) ou o “Here’s to you”(de Ennio Morricone e da propia Joan Baez).

Neste histórico concerto apareceu o propio Alan Stivell para cantar a dúo o clásico bretón “Tri Martolod”. Aclamados polo público pecharon o tema cun cálido e emotivo abrazo.

Joan Baez e Alan Stivell no Festival Interceltique de Lorient 2016

Joan Baez e Alan Stivell no Festival Interceltique de Lorient 2016

E como dicía anteriormente, foi o concerto de Stivell outro dos momentos máxicos desta experiencia pola Bretaña.

O “príncipe de Lorient” (Le Parisien) festexou medio século de carreira artística presentando algúns dos seus últimos traballos (do seu novo álbum Amzer). Un verdadeiro luxo.

Agardo regresar a Lorient, e sobre todo agardo que os lazos celtas e atlánticos entre Galicia e Bretaña síganse estreitando ano tras ano. É unha verdadeira emoción ver como nos estiman e aprezan por esas terras queridas.

Advertisements