Pequeno texto nunha reportaxe sobre o turismo en Lugo (diario El Progreso)

Pequeno texto sobre a situación do turismo en Lugo, diario El Progreso 28/03/2015

DSCN3234

Poucas cidades no mundo teñen un monumento tan emblemático e único. Non é unha esaxeración. Poucas, na Europa Occidental, tan antigas e con tanta historia conservada. Poucas dentro dun espazo natural protexido (Terras do Miño), e tan ben rodeadas (Ancares, Ribeira Sacra, A Mariña). Poucas con barrios con tanto futuro turístico como A Tinería, O Carme e A Ponte. Poucas cun potencial tan desaproveitado, tan mal comunicadas, e con tanta marxe para sorprender. Pelexarse para ter transporte en serio (sobre todo con Lavacolla e Barajas), apoiar ós emprendedores que propoñan servizos turísticos, habitar con mocidade (especialmente con proxectos artísticos e culturais) a través de programas de aluguer económico eses barrios de futuro. Políticas activas de recuperación do patrimonio arqueolóxico. Políticos que non se preguen ás prioridades que sempre deixan de lado a Lugo. Concienciar de que é unha das cidades máis turísticas de Europa, que hai que defender e poñer en alza dende a participación social. Que valorarse non é ser fachendosos.

El Progreso
El Progreso