Turismo sustentable: un reto para as cidades

“Blog à part” – EVEA Tourisme: revisión semanal da actualidade (a 18 de Abril)

Esta semana, a Oficina de Turismo e Congresos de París publicou unha guía eco-responsable “París verde e sustentable 2014”, que propón descubrir a capital de maneira orixinal, divertida e responsable, a través de temáticas verdes como: “Moverse suavemente”, “Dormir ó verde”, “Comer ben, biolóxico e local”, “Consumo responsable”, “Facerse ben”, “Visitar París doutro modo” ou “Tomar aire”. Esta guía confirma un criterio que é cada vez máis importante para a competitividade turística e que dende hai uns anos é fundamental na planificación dalgunhas cidades europeas e mundiais: o atractivo do turismo sustentable. Aproveitamos pois esta actualidade para propoñer un rápido panorama dos destinos que se desmarcan nesta materia.

Unha das cidades francesas frecuentemente citadas é Nantes, especialmente grazas ó seu título de Capital Verde Europea en 2013. As accións deseñadas para acoller ós visitantes de maneira sustentable son múltiples: a participación no proxecto Pasaporte Verde do departamento Loire Atlantique xunto co Consello Xeral e a CCI de Nantes-St.Nazaire, a eco-certificación de máis da metade da súa oferta hoteleira, a eficacia da gran rede de transportes públicos, a abundancia de actividades organizadas para poñer en valor o patrimonio natural, a designación de Nantes 2015 para acoller a conferencia internacional Vélo-city, etc.

Unha imaxe de Nantes

Nantes dende a Torre de Bretaña

Numerosas clasificacións propoñen medir o carácter sustentable das grandes cidades francesas, por exemplo o Ministerio de Ecoloxía, Desenvolvemento Sustentable e Enerxía, que identificou a Nantes, Burdeos, Marsella, Lyon, Issy-les-Moulineaux, Grénoble, Estrasburgo e Niza coma cidades exemplares. Estas boas prácticas repítense no territorio e inscríbense evidentemente nun contexto europeo concienciado na materia. É posible identificar exemplos interesantes en case todos os países. Falaremos dalgunhas cidades frecuentemente presentes nos medios, polos seus esforzos nesta dinámica: Estocolmo, Copenhague, Londres, Hamburgo ou Vitoria-Gasteiz.

Vitoria-Gasteiz é coñecida polo seu “cinturón verde” e a súa política de reducción do consumo de auga, así como polo fomento do consumo sustentable en xeral. Paralelamente, durante moitos anos e ata agora, é prácticamente sempre considerada como unha das tres cidades españolas con mellor calidade de vida. Ademáis, tamén foi Capital Verde Europea, en 2012.

Estocolmo, a sé da primeira grande conferencia das Nacións Unidas sobre cuestións ambientais en 1987, foi a primeira Capital Verde Europea (en 2010) e é recoñecida como unha das cidades máis limpas e ecolóxicas do planeta. Un número astronómico de carrís-bici, autobuses e taxis que funcionan con carburantes respetuosos co medio, ou parques e reservas naturales dentro da propia cidade, xustifican o seu recoñecemento. A proximidade entre os habitantes e a natureza é constante.

Copenhague, a actual Capital Verde Europea, é famosa por ser considerada a capital mundial da alimentación biolóxica: nesta cidade unha de cada dez persoas aliméntase con productos biolóxicos. O seu sistema de bicicletas libres -en vigor dende 1995- é u dos orgullos da capital danesa, onde cada día 1,1 millóns de km son percorridos en bicicleta. O seu país, Dinamarca, foi o primeiro do mundo en ter unha lexislación medioambiental.

Os famosos parques londinenses

Os famosos parques londinenses

Londres é igualmente célebre polo predominio do verde no seu territorio. Sobre todo despois da preparación dos Xogos Olímpicos do 2012, a capital británica consacrou unha gran parte dos seus esforzos na implementación dunha política de desenvolvemento sustentable. Por exemplo, crearon a certificación Green Tourism para estruturas turísticas. O desexo de mostrar unha cidade amistosa no plano ambiental, multiplicouse. Ademais, a organización Green London propón dende entón un gran número de accións na capital do Reino Unido: funciona coma unha guía sustentable para os londinenses.

Finalmente, Hamburgo, a segunda cidade máis grande de Alemaña, destácase pola interacción entre natureza e vida urbana. Esta metrópole verde construida sobre a auga ten un territorio urbán que comprende zonas amplamente verdes, así coma zonas protexidas e bosques. Ademais, a cidade está comprometida a reducir o 80% as súas emisións de dióxido de carbono dende agora ata o 2050, un compromiso que poucos territorios atrévense a propoñer.

Advertisements