Wright: “Lugo é a miña casa, claro que me gustaría xogar alí”

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/12928.html

Xosé Ferreiro Costas | Lugo | 18/01/2013

É fillo do xogador norteamericano Jimmy Wright, que xogou en Huesca e no Breogan Lugo, tamén coñecido pola súa participación na película de Mario Camus “A vella música”, na que interpretou un dos papeis principais.

Malia ser un pívot de dous metros raspados, ten moitísimas virtudes, entre as que poderiamos destacar varias. Un gran rebote, gran salto, e a súa defensa, da que ademais é capaz de contaxiar ao resto de compañeiros ,a súa gran capacidade de sacrificio, a súa capacidade atlética para defender, rebotear e correr, e ten un aceptable lanzamento de media distancia.

Os seus inicios foron no Sagrado Corazón de Lugo, desprazándose a Zaragoza na tempada 03/04, e xogando, sucesivamente, en Granada, Mérida, e Alcázar de San Juan

Dicir que atendeu a Galicia Confidencial por teléfono dende Andorra, e que en todo momento foi especialmente amable, e disposto a responder a todas as nosas preguntas (tamén damos as grazas ao xefe de prensa do club pola súa eficiencia), e que lle notamos morriña da súa terra e da súa xente. Talvez algún día, el poida demostrar aquí que se pode ser profeta na nosa terra, e isto faga que nos poida axudar a que os xogadores de Lugo teñan peso outra vez no equipo, como foi sinal de identidade no pasado, na nosa historia. Devin representaría como ninguén, unha certa mitoloxía, un sincretismo en grao sumo, do mais brilante do pasado ,presente e futuro do arraigo do baloncesto no noso ámbito; gran xogador, gran persoa, gran apelido, ¡sorte Devin!

GC:¿Devin, que supón para ti  o partido do sábado?
Devin Noel Wright (DNW). É un partido moi importante a nivel persoal, iranme a ver moitos familiares e amigos e iso sempre para min é un aliciente

GC. De cara ao partido, ¿cómo ves ao Breogan?
DNW. A min paréceme un moi bo equipo, creo que nesta segunda volta van a subir bastante. Hai moi bos xogadores: Oguirri, Leonavicius que o ano pasado fixo moi boa tempada xogando a un nivel incrible en Huesca, Winchester…

Logo, o xogo interior é dos mellores que hai na liga, son  moi grandes e moi duros, con xogadores como Diouf e Manu Gomez.

GC. ¿Cómo ve o teu equipo  o partido?
DNW.  Nós afrontámolo, como o vimos facendo desde o primeiro partido que tivemos contra o Huesca, tratamos a todos os equipos por igual, e máis nós que somos recentemente ascendidos, e non “empatamos” con ninguén. Sabemos que si non estamos ao cento por cento, non imos gañar, iso si, podemos competir con calquera ata o último minuto, pero si non estamos ao cento por cento, o de gañar é complicado.

É verdade, que a boa dinámica de empezar con sete partidos seguidos ganados, dáche unha confianza extra, sobre todo de cara aos minutos finais, que son moi importantes.

GC. Ides segundos na liga, malia ser recentemente ascendidos cal é para ti  a clave de tal éxito?
DNW. Si a nós dinnos, a principio de tempada, que a estas alturas de liga iamos estar segundos, ninguén o crería, , pero ben, eu creo que a clave do equipo é, basicamente a unión, independientemente de que hai xogadores con calidade, o máis importante é o equipo, todos imos unha, cando perdemos, perdemos todos cando gañamos, gañamos todos, sempre unidos, levámonos todos moi ben. Os adestramentos sempre moi completos, sempre facendo bromas, a calidade do vestuario é inmellorable, sabemos que dentro da pista temos que estar moi serios, e nada, todos xuntos e xa está. Moitas veces parece que non, pero algo tan simple como estar xuntos dáche muchísimo, e é a cousa máis simple do mundo.

GC En qué posición atópaste máis cómodo nesta liga?
DNW. Eu sempre xoguei de interior, de cinco, e esa é a posición na que mellor me atopo, de feito, aínda que  cando estaba en Granada,  que era un poquito máis novo, sí que xoguei de catro, estes últimos anos vin xogando de cinco. A min vaime ben a garra, o xogo duro, e nese tipo de xogo atópome bastante ben.

GC.- Sen dúbida, é difícil xogar contra cincos máis altos, quizais menos técnicos pero si máis fortes .
DNW. Sí, nesta liga hai xente moi forte, eu mido 2 metros xustos, pero moitas veces iso é só unha cifra, un dato, e xa está,  pero coas ganas súploo.

GC. Baralla o teu equipo a opción do ascenso a ACB?
DNW. A verdade, non é que non queiramos ascender, o que nos pensamos é traballar partido a partido,  gañar cada partido que se presente, e logo si ascendemos será un premio, a consecuencia de facer unha gran tempada, nós non nos comemos a cabeza con iso, nin moito menos.

GC. De cara ao futuro, ¿cales serían os teus retos persoais, gustaríache xogar no Breogan?
DNW. O primeiro, eu dígoo sempre, é cada día ser mellor, superarme a min mesmo, cada día avanzar un pouquiño máis. Hai que ser sempre ambiciosos, iso está clarísimo, a todos gustaríanos estar xogando na NBA ou en ACB, o que diga que non é mentira, pero é o que che dixen, trátase de cada día ir mellorando.

Breogan é o equipo da miña casa, mentiríache si dixéseche que non me gustaría xogar aí, claro que si me gustaría

GC. Que recordos tes da túa en etapa Lugo?
DNW. (Decatámonos de unha certa emoción nas suas verbas, nos seus silencios, como si se lle viñeran a cabeza, a o corazón,recordos de neno, de alegrías de tristezas, unha certa melancolía…morriña , ¡cómo non!, e un emigrante galego do basket). Aí si que me tocas, porque, a ver, recordos …unha chea, acórdome moitas veces de incontables anécdotas, viaxes, de aquí cara alá…, cando nos clasificamos para a Copa Galicia co Sagrado corazón, …que foi incrible,… son unha chea de vivencias que non che esqueces, e eu de feito, cando vou no verán, sempre quedo con moitos amigos .Non puiden ir este Nadal, pero sempre quedamos para xogar un partido no que nos xuntamos máis de 50 amigos, no verán imos  á “pista vermella”, ..iso nunca se perde…Eu nunca o vou perder .

Pasámolo moi ben, Sergio, Guido, Danini, Buba…moita xente, non quero esquecer a ninguén…son moitos amigos…este último verán fomos a un tres por tres a Viveiro e pasámolo moi, moi ben.

Quero saudar a toda a miña familia, aos meus amigos que son moitos e non nomeo, por non deixar a ninguén esquecido, aos irmáns Engroba…

GC. ¿Cómo ves aos outros dous equipos galegos, o Leyma Básquet Coruña e o COB?
DNW. O Coruña é un equipo moi, moi duro, aquí custounos Deus e axuda gañarlles, ten moi bos xogadores, empezaron moi ben, aínda que agora  teñen un pequeno baixón, é por iso que che digo o das boas dinámicas, …axiña podes estar aí arriba, como perdes dous partidos e entras nunha mala racha, e perdes cinco, pero penso que xa, nesta segunda volta,  subirán o pistón, é o normal. Agora os equipos que están abaixo, que se ven máis apertados, como o Cob, intentarán remontar, de feito gañaron o último partido. Seguro que agora custará máis gañarlles aos dous, que na primeira volta. De Orense gustoume Barbour, un aleiro rápido e con moi bo tiro en suspensión, e tamén Ogide, un pívot moi físico e moi solvente na zona, non é moi alto pero, “nai miña”.

Advertisements