¿Por qué Teramo?

Artigo informativo sobre o Erasmus en Téramo (Abruzzo, Italia) pra os alumnos da Diplomatura de Turismo na Universidade da Coruña. Ano 2007

PENTAX Image

Teramo, Abruzzo

Nos corredoiros das escolas de ensino secundario, incluso primario, xa non soa raro escoitar a rapaces e rapazas avistando no seu futuro o irse de Erasmus. Que se eu vou ir de Erasmus a Francia, que se eu a Italia, o outro a Finlandia…

A popularidade desta beca convírtenos a moitos en prematuros expertos do que é o Erasmus, e fainos ir deixando e deixando o momento de informarnos sobre as posibilidades que temos, e tamén o de decidirnos.

Ese exceso de información xeral sobre o Erasmus pode convertirse en moitas ocasións en falta de información concreta sobre o que de verdade nos interesa, que son as posibilidades que temos nós, neste caso os estudantes do CENP.

Téramo é un deses lugares aos que optamos en concreto os alumnos da Diplomatura de Turismo. E a dúbida é… ¿Qué nos ofrece Téramo?

Téramo é unha pequena cidade capitalina (ao redor de 50.000 habitantes), situada nos Abruzzos, unha das rexións máis verdes de Europa. Ofrece tanto turismo histórico (ENIT enmarca a Teramo na ruta “Onde naceu o nome de Italia”), como de sol e praia (a costa Adriática, con enormes praias de fina area e tranquilas augas, é un dos lugares preferidos polos alemáns, suecos, ingleses…).

E non so iso, xa que a marca turística do Abruzzo e o turismo natural, o ecolóxico, xa que nesta rexión atópanse catro fantásticos parques naturais: O Parque Nacional da Majella, o Parque Nacional dos Abruzzos, o Parque Nacional Sirente Velino e o Parque Nacional do Gran Sasso-Laga (onde se atopa o pico máis alto dos apeninos Italianos, o Corno Grande, con 2912 m. de altura)

Atópase a 2 horas e media de Roma en autobús e a 1 hora de Pescara, onde están os aeroportos máis cercanos, con vós directos de Ryanair Roma-Santiago e Pescara-Girona. O custo da viaxe a Roma é de 24 € ida e volta, e a Pescara 6.20 €.

A facultade de Turismo atópase nun pobo costeiro, Giulianova (25.000 habitantes), que está a 45 minutos en autobús de Téramo, cun costo de viaxe de 24.60 € mensuais. Esta aparente incomodidade convírtese nalgúns casos nunha grandísima vantaxe, xa que esos desplazamentos permítenche disfrutar de dous ambientes, de coñecer máis xente, e de disfrutar de dúas paisaxes maravillosas, a marítima e a de montaña.

A facultade é similar á nosa, xa que se vive un ambiente máis familiar que no campus de Téramo ou no de Elviña ou Zapateira. Os profesores e os compañeiros son moi amábeis, e isto axuda a sentirse acompañado e cómodo dende o principio.

Dende finais de Setembro a Universidade ofrece un curso obligatorio de italiano, con diferentes niveis segundo un examen que fan cando chegamos, que xunto ca práctica do día a día convírtese en suficiente pra estar capacitado na comprensión da lingua.

O custo da vida en Teramo é similar ao da Galiza. Non se sinte demasiado a diferenza no referente o aluguer da vivenda (entre 130 e 200 € por persona compartindo piso), na alimentación, no transporte e no ocio. A axuda da beca que ofrece a Universidade da Coruña realmente é simbólica (115 € por mes), xa que con ela podes pagar pouco máis que o transporte, en contraste coa axuda que reciben os Teramanos na Coruña (450 € por mes).

A posibilidade de ocio en Téramo é variada, ao igual que a oferta turística. O feito de que sea unha cidade pequena fai que o ambiente Erasmus se viva moito, e tamén o achegamento a cultura dos lugareños, que son xente cunha cultura cívica moi desenvolvida, quizáis porque pese a ser pequena, Teramo ten unha historia asentada coma cidade, cun desenrolo cidadán máis procesual que o galego (tamén se observa na arquitectura, onde hai unha armonía que é difícil atopar nas nosas cidades).

Vir a Teramo é a oportunidade de vivir unha Italia profunda, unha cultura máis tradicional que nas grandes cidades e tamén un entorno natural único. É unha boa oferta!

O Erasmus merece a pena, é unha posibilidade que de poder realizarse merece a pena plantexarse. Informarse antes de decidir axuda a maximizar a experiencia, pero senón se fai sempre queda o de…“ Fai o que podas, có que teñas, estés onde estés”

Advertisements